Tebras da Montaña
Escuro gardián das aguas
Ás portas da montaña
Dende os confíns a súa entrada garda
Carraxe e bravura pra rompe-las
Ligaduras das súas ataduras
Empúrranos
Ao interior da eterna escuridade
Resplandor da débil chama que nos guía en soidade
Ante os nosos ollos
O lugar no que antes chamábamos fogar
Agora so morte atoparás
Longa viaxe de non retorno
A través das reliquias dun pobo
Pasos que nos guÍan
Cara unha linhaxe
Que defendeu a súa honra
Contra as fauces do horror
Bágoas de desacougo
Tambores no profundo
Hora de ergue-los escudos
Arcaico berro, devanceiros!
Bater das tebras do antigo mundo
Pavor de lume e finamento
Conxuro de chama imperecedoira
Protéxenos de tales males
Traxedia e pesar polos caídos
Tempo de proseguir
Os nosos camiños