Perfidia
Tanxugueiras
Muiñeira montañesa
Nunca vin unha muiñeira
Tan sincera como esta
Foches falar de min
A quen logo mo contou
Sempre quixen ben e quero
A quen me desenganou
Teño unha herba na hora
Que rebenta polo pé
Tamén ti ás rebentar
Por decir o que non é
O que ben quixo algún día
Se ao querer ten afición
Sempre lle queda unha bagoa
Dentro do seu corazón
Quero cantar e estar leda
Que a tristura non fai ben
Aínda non vin á tristura
Dar de comer a ninguén
Muiñeira montañesa
Nunca vin unha muiñeira
Tan sincera coma esta