Boto En Falta Unha Ilusión

Sés Maria Xosé Silvar

Boto en falta unha ilusión
Que me reconvirta en min
Que, sen querer, me perdín
Pensando que me salvaba
Boto en falta a quen amaba
E aquel tempo que soñei
Estando esperta e pensei
Que de ti me alimentaba.

Boto en falta a túa voz
A túa cara e a alegría
As horas devaluadas
E até a túa covardía
E non son quen de lembrar
As navallas e as mentiras
E non se asenta o rancor
E de min non te retiras.

Hoxe xa non hai dor
Xa non choro berrando
Mais hai medo de sentir
E de non voltar sorrir
E de seguirte esperando

Hoxe xa non hai dor
Non hai sangue brotando
Mais hai medo de sentir
E de non voltar sorrir
E de seguirte esperando

A tristura xa marchou
Colonízame a desgana
Eu que tiña fe pagana
En ser fénix e voar
E coa forza do espertar
Abrazar o vitalismo
Espertei no mesmo abismo
Máis valera non soñar.

Se por volverte bicar
Sucumbise aos meus instintos
Se de todos os delitos
Cometese o de voltar
A fatiga e o penar
Sufriría resignada
Porque vivo condenada
A non poderte olvidar.

Curiosidades sobre a música Boto En Falta Unha Ilusión de S&S

De quem é a composição da música “Boto En Falta Unha Ilusión” de S&S?
A música “Boto En Falta Unha Ilusión” de S&S foi composta por Sés Maria Xosé Silvar.

Músicas mais populares de S&S

Outros artistas de K-pop