Xan

Un barrio obreiro o seu fogar
Seu berce, a súa prisión


Matar as horas e folgar
Toda a súa aspiración


Xan soio tiña tempo
Pra perder o tempo
E non pra obedecer


Facendo amigos entre muros
De cemento
Pensando que facer


Farto de ser coma os demais
Seguindo a sinazón
Buscando un xeito de cambiar
Unha motivazón


Aquela noite
Xan quixo saír de marcha
E non tiña onde ir


Nun vello baixo
Temas de punk-rock soaban
A súa raiba estaba alí


Mala ostia e rebeldía
Sons que chaman por ti
Non os deixes fuxir


Abrindo as portas do local
Sen medo
Saíu da súa prisión
Da rúa
Uniuse á banda e a tocar
Oi music!
Rachou coa frustrazón
Coa rutina


Agora xan dispara balas
Coa guitarra
Disposto a resistir
Agora xan descarga
Adrenalina e raiba
Dispara contra ti


Mala ostia e rebeldía
Sons que chaman por ti
Non os deixes fuxir


Mala ostia e rebeldía
Sons que chaman por ti
Non os deixes fuxir


Mala ostia e rebeldía
Sons que chaman por ti
Non os deixes fuxir

Outros artistas de Rock'n'roll