Un Repoludo Gaiteiro

Un repoludo gaiteiro
De pano sedán vestido
Como un príncipe cumprido
Cariñoso e falangueiro
Entre os mozos o primeiro
E nas cidades sen par
Tiña costume en cantar
Aló pola mañanciña
Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei de enganar


Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei de enganar


Sempre pola vila entraba
Con aquel de señorío
Sempre con puxante brío
Co tambor se acompasaba
E se na gaita sopraba
Era tan dóce soprar
Que fixera en cantar
Aló pola mañanciña
Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei de enganar


Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei de enganar


Todas por el reloucaban
Todas por el se morrían
Se o tiñan cerca sorrían
Se o tiñan lonxe choraban
¡Mal pecado! Non coidaban


Que c’aquel seu frolear
Tiña costume en cantar
Aló pola mañanciña
Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei de enganar


Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei de enganar


Camiño da romaría
Debaixo dunha figueira
Cánta meniña solteira
¡Quérote! Lle repetía
E el coa gaita respondía
Por a todas embaucar
Pois ben fixera en cantar
Aló pola mañanciña
Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei de enganar


Con esta miña gaitiña
Ás nenas hei de enganar


¡Nas festas, cánto contento!
¡Cánta risa nas fiadas!
Todas, todas namoradas
Déranlle o seu pensamento
E el que de amores sedento
Quixo a todas enganar
Cando as viu despois chorar
Cantaba nas mañanciñas
Non sexan elas toliñas
Non veñan ao meu tocar


Non sexan elas toliñas
Non veñan ao meu tocar

Músicas mais populares de Amancio Prada

Outros artistas de Folk